En Rianxo inicio do campamento de verán e Plan Madruga 2021 con 140 participantes

14 Xullo 2021

Esta semana deu comezo o Campamento de Verán Rianxo 2021, que conta con 140 participantes que, unha vez, se realiza de maneira descentralizada nas instalacións Pazo de Rianxiño, Cep Brea Segade de Taragoña e Ceip Ana Mª Diéguez de Asados.

A duración do campamento é de dous meses do 5 de xullo ao 27 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 h. Contan ademais cun servizo de Plan Madruga para fomentar a conciliación de familias traballadoras dende as 08.00 h, que conta con 30 usuarios unha cifra inicial que se tivo que aumentar para dar cabida ás solicitudes presentadas. Todas as familias de Rianxo que así o desexaron puideron incorporarse ao campamento de verán. É unha boa nova a recuperación da grande asistencia a actividade despois do ano marcado pola pandemia que baixara as inscricións á metade.

Despois dunha semana de actividade o Alcalde, Adolfo Muíños, xunto á concelleira de Cultura e Mocidade, Raquel García, deron a benvida as participantes no Pazo de Rianxiño, visitando as instalacións e os distintos grupos, visita que se estenderá aos outros espazos ao longo desta semana.

As actividades que se van a desenvolver teñen a igualdade entre os participantes e o coidado e respecto do medio coma piares básicos. Realizaranse as actividades propias campamentais, como xogos, manualidades, deportes, xincanas, máis tamén haberá saídas a lugares de interese e a participación en actividades socioculturais, mais sempre respectando as medidas de prevención da Covid-19.

Na programación do campamento contaremos tamén coa colaboración de outras entidades como a Escola de Música de Rianxo, Fousas ao monte, Festival Titiribeira, que participaran con distintos obradoiros, visitas, actuacións…que complementarán estes dous meses de actividade.

Se desexan máis información sobre este programa, poden contactar co Servizo de Xuventude (Tlf.- 981 100 688 – 664 181 401 – Correo-e.- xuventude@concelloderianxo.gal).

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.