En marcha dende o Parque Periurbano de San Roque unha iniciativa para reivindicar a nosa paisaxe autóctona: Adopta unha árbore

28 Xullo 2021

Este verán o impulso turístico do Barbanza (un impulso que buscou a máxima compatibilidade coas medidas que garanten a seguridade sanitaria de veciños e visitantes) chegou a todos os recantos, non só aos máis especificamente ligados ao litoral, senón tamén aos grandes pulmóns verdes dos nosos concellos. Un exemplo disto é o Parque Periurbano de San Roque, en Ribeira, unha moi destacada área de importancia educativa, recreativa e ambiental, cuxas vertentes lúdicas, divulgativas e naturais veñen de ser reforzadas polo Concello. O obxectivo do Goberno local non é outro que seguir convertendo o parque nun referente no coidado e o respecto pola natureza, “colaborando coa conservación da nosa imporante herdanza paisaxística”.

O proxecto para o seu impulso xira arredor do acondicionamento de zonas comúns, actividades medio ambientais, culturais, deportivas e de dinamización social. “Todo un conxunto de recursos co único fin de aportar, axudar e crecer co entorno”, explícase nas bases da iniciativa, cuxos primeiros pasos xa se poden apreciar de maneira clara na limpeza integral da contorna e máis na posta en marcha dunha actividade que fala ás claras do devandito obxectivo de converter o parque nun referente no coidado pola natureza: a actividade Adopta unha árbore. A través dela, os padriños e madriñas faranse cargo dos coidados da árbore que escollan. Será “unha homenaxe a un ser querido ao tempo que se achegan aos cativos a natureza”, explica o Concello, engadindo que calquera pode participar nesta actividade que ten como obxectivo contribuír á rexeneración do bosque autóctono do parque.

O sábado 7 de agosto será a festa da adopción. As 9:30 os participantes da actividade partirán dende a praza do Concello ata o parque. Entre a 10:00 e as 11:30 farase un roteiro polo parque para visitar as árbores apadriñadas. Haberá xantar popular dende as 12:30 amenizado con actuación musical e contacontos.

O Concello engade que esta iniciativa é “só o comezo dun programa máis amplo”, que incluirá outras accións que irán sendo compartidas nas redes sociais (Facebook, Instagram e Telegram) para “ninguén se perda ningunha”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.