En Boiro conclúe a formación en cociña do Programa Integrado de Emprego 2020/2021

28 Xullo 2021

O Concello de Boiro, a través da área de Emprego, desenvolve un Programa Integrado de Emprego destinado a cen mulleres desempregadas con módulos formativos moi variado en función das expectativas profesionais de cada unha. Estes días estase a desenvolver o Certificado de Profesionalidade en Operacións Básicas de Cociña de 350 horas de duración.
O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo, visitaron ao alumnado que participa no curso, acompañados de empresarios da zona, para facer unha visita ás instalacións, e do persoal do
Programa Integrado de Emprego. O alumnado remata esta semana a parte da materia que se desenvolve nas instalacións do Centro de Formación condicións hixiénico-sanitarias en restauración, elaboración de pratos combinados e aperitivos e agora vai comezar as prácticas de 80 horas en empresas.
O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro, que está dirixido exclusivamente a 100 mulleres inscritas como demandantes de emprego, está financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal. O obxectivo deste programa e a formación para o emprego e lograr unha inserción laboral.
Ademais da formación en módulos específicos, as mulleres participante fórmanse en competencias para a busca de emprego, técnicas comunicativas, motivación e autoestima ou habilidades para afrontar unha entrevista de
traballo. Os cursos de formación combinan a modalidade online e presencial para favorecer a conciliación familiar e laboral das participantes.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.