Devolven ao mar os golfiños varados en Rianxo

22 Xullo 2021

A Policía Local de Rianxo deu novas informacións sobre o rescate de golfiños que se estivo a realizar na mañá deste xoves 22 na contorna da ponte da autovía en Taragoña, por mor do devalo da marea, que deixou varados a catro cetáceos (catro machos seguramente á procura de comida) sen posibilidade de volver á ría. Nun vídeo achegado no seu Facebook, a policía mostra como se puxo remate aos traballos de rescate, devolvendo ao mar aos exemplares.

Nos traballos participaron axentes da Policía Local de Rianxo, técnicos do CEMMAcetaceos (coordinadora galega para a defensa e o estudo dos mamíferos mariños), operarios da brigada de obras do Concello de Rianxo, Obras e Servizos Municipais, voluntarios de Protección Civil Rianxo Perfil Oficial e persoal da Confraría de Pescadores.

Os cetáceos varados foron albiscados este xoves pola mañá por un camioneiro que circulaba pola autovía, que deu a voz de alarma á Policía Local. Os catro golfiños foron trasladados a bordo de dúas embarcacións (unha de Protección Civil e outra da Confraría) cara ao interior da ría. Foron ceibados ao mediodía na contorna da illa de Rúa, xa en Ribeira.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.