CONGALSA aposta firme pola sustentabilidade nos seus elementos de packaging

07 Xullo 2021

A empresa pobrense CONGALSA participou os días pasados nun almorzo convocado polo Clúster de Innovación e Envase e Embalaje dirixido a compartir experiencias e innovacións en materia de packaging e presentación de produtos. Na cita participaron representantes de empresas estatais punteiras, entre os que se atopaban José Ramón Núñez, xefe de Marketing de CONGALSA, e Alba Álvarez, responsábel de proxectos de Innovación e Packaging da empresa alimentaria con sede na Pobra do Caramiñal.

Os dous relatores presentaron os principais retos de CONGALSA neste ámbito e lembraron que estes desafíos pasan por avanzar en sustentabilidade, en calidade e en funcionalidade. Tamén fixeron fincapé na importancia crucial do concepto de packaging (embalaxe e produtos e presentación) para unha empresa como CONGALSA, presente en 30 países e referente internacional en tapas e aperitivos de peixes e mariscos, amais de ser unha das empresa máis activas do sector no que se refire ao lanzamento de produtos (unha ducia deles cada ano) e a renovación de envases (CONGALSA realiza até 10 modificacións no packaging dos seus produtos xa existentes).

“Todos estes retos”, sinalou José Ramón Núñez, “non implican renunciar á calidade do produto nin da materia prima, que é na nosa filosofía un elemento básico”. Segundo engadiu, “o produto ten que gustar”.

No que se refire á sustentabilidade, os representantes de CONGALSA explicaron que a empresa marcouse o obxectivo de conseguir que o seu packaging sexa cen por cen reciclábel nun prazo de tres anos. “O que pretendemos é reducir a pegada de carbono e ser sensibles ante unha demanda social crecente”, engadiron.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.