Condenado un veciño de Rianxo por falta de respecto á autoridade

26 Xullo 2021

O Xulgado de Instrucción no 1 de Padrón ven de facer pública a sentenza condenatoria a catro meses multa con responsabilidade subsidiaria de privación de libertade a un varón de Rianxo como autor dun delito leve de falta de respeto a axentes da autoridade.

Os feitos ocorreron o día 26 de febreiro cando o condenado, logo de presenciar una actuación policial nun accidente de circulación increpou ós policías actuantes dándose á fuga cando lle solicitaron a súa documentación, sendo
identificado logo de ser localizado cando pretendía cambiarse a roupa para tentar evitar ou dificultar a súa identificación.
Ademáis durante os meses de xuño e no que vai de xullo, procedeuse á instrucción de dilixencias e posta a disposición xudicial de 5 conductores por diversos delitos contra a seguridade viaria (conducción baixo os efectos de bebidas alcóholicas e conducción con pérdida de vixencia por perda total de puntos).Tamén se instruiron dilixencias contra un varón de 45 anos e veciño de Ribeira por usurpación de estado civil e delito contra a seguridade viaria ó ser detectado conducindo carecendo de permiso en vigor por perda total de puntos, alegando no momento da identificación datos falsos dun familiar aproveitando o seu extraordinario parecido físico.
Da actividade operativa do corpo, tamén se procedeu á detención de 5 persoas por diversos ilícito-penais, 1 varón de 23 anos de idade reclamado pola autoridade xudicial, de 2 varóns por delitos de violencia de xénero (1 de 29 anos
e de nacionalidade española e 1 de 31 anos e de nacionalidade belga) e de dúas persoas de 21 e 16 anos por un delito de roubo con intimidación, un dos cales participou en feitos similares en datas pasadas en outro concello da
comarca.
Como consecuencia das distintas campañas de vixiancia de tráfico efectuadas, procedeuse ó control de 4.426 vehículos e conductores detectándose un total de 44 infraccións administrativas, 22 en materia de velocidade 9 por conducción
baixo a influencia de bebidas alcohólicas e 13 por conducción con presencia de drogas no organismo dando como resultado un 0’99% de infraccións detectadas respecto a vehículos controlados.
Proceduese taméná instrucción de 5 denuncias administrativas por incuprimentos da Lei de Seguridade Cidadá e á incautación de diversas cantidades de sustancias estupefacentes así como ó control e inspección de establecementos hosteleiros, efectuándose mais de 840 visitas de inspección en cumprimento do establecido no plan de hostalería segura dentro da campaña de control da pandemia COVID19 sen detectarse infraccións na materia no sector
hosteleiro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...