Comunicado de Stop Deshaucios a respecto da colaboración cos concellos

02 Xullo 2021

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza emitiu un comunicado no que quere deixar clara a súa independencia con respecto ás cores políticas das diferentes administracións comarcais, autonómicas e estatais, remarcando o seu obxectivo de actuar en colaboración con calquera entidade sempre e cando sexa en beneficio das persoas e colectivos vulnerábeis que non poden acceder a unha vivenda ou que están a piques de perder a súa.

Este é o miolo do comunicado:

“Desexamos manifestar que non estamos en contra de ningún goberno municipal, sexa do signo político que sexa. Poden existir discrepancias concretas, como é lóxico, sobre actuacións, urxencias, protocolos ou maneiras de xestionar, pero sempre nos manifestamos abertos a todo tipo de colaboración e suxestións sobre as posibles solucións fronte aos desaloxos e ás alternativas habitacionais para familias en situación de vulnerabilidade.

A colaboración foi, ao longo deste dez anos de intenso traballo, excelente con moitos Concellos arousáns: Ribeira, Rianxo, Boiro, Noia, Muros, A Pobra do Caramiñal, Catoira, Padrón, Vilagarcía de Arousa, O Grove, Meis, Vilanova, Cambados, Dena, Ribadumia, Poio…

Grazas a todos en nome das familias afectadas”.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.