Comezan as obras para a execución de beirarrúas e servizos en Esteiro, Boiro

27 Xullo 2021

O Concello de Boiro comezou as obras para a execución de beirarrúas e servizos no lugar de Esteiro, en Cabo de Cruz. A actuación, que consta dun orzamento total de 82.666,21 euros, vaise levar a cabo con cargo ao Plan Único Concellos POS 2020 da Deputación da Coruña.

O proxecto contempla a execución de beirarrúas e servizos na beira sur do lugar de Esteiro, na parroquia de Castro, “seguindo o trazado das existentes”, explicou o Concello engadindo que “con esta actuación vaise dotar de seguridade viaria aos peóns que circulan entre o núcleo de Esteiro e a estrada que une Boiro e Cabo de Cruz, a DP-1107”.

portada

Amais, o proxecto abrangue a materialización da rede de recollida de pluviais e a mellora da traída municipal de auga potábel, instalando tamén bocas de incendio para a prevención de riscos provocados polo lume. No lugar vanse instalar conducións para a recollida de pluviais e as canalizacións de auga para consumo. Unha vez instaladas vaise proceder á execución das beirarrúas de 1,50 metros de ancho.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.