Comeza o Campamento de Verán Rianxo 2021

Este 5 de xullo comezou o Campamento de Verán Rianxo 2021, que conta con 140 participantes. As actividades terán lugar nas instalacións do Pazo de Rianxiño, o CEP Brea Segade de Taragoña e o CEIP Ana Mª Diéguez de Asados.

O campamento rematará o 27 de agosto e terá un horario flexíbel dende ás 10:30 horas ata a 13:30 horas. Desta forma, mañá, mércores 7 de xullo, o alcalde Adolfo Muíños e a concelleira Raquel García, realizarán unha visita de benvida.