Colle corpo unha guía de boas prácticas para mellorar a integración paisaxística dos nosos portos

28 Xullo 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, Enrique Urcola, veñen de asinar un convenio de colaboración para a redacción dunha guía de boas prácticas para os portos autonómicos en materia de paisaxe, un manual con recomendacións, que está incluído no Plan estratéxico da paisaxe galega 2021-2024.

O obxectivo da guía consiste en evitar o impacto na paisaxe das instalacións portuarias da Xunta de Galicia. Os traballos, que comezarán este ano tras analizar o estado actual das instalacións portuarias, dispoñen dun investimento de 40.000 euros. “Este proxecto responde ao obxectivo de fomentar a recuperación dos espazos degradados, poñer en valor e conservar as paisaxes rurais, urbanas, costeiras e de interior, é dicir, todas as paisaxes de Galicia, que son abundantes en cantidade e calidade”, destacou Ángeles Vázquez.

Pola súa parte, Rosa Quintana explicou que a integración entre as vilas e os portos é fundamental para o seu desenvolvemento e que nela deben terse en conta os aspectos paisaxísticos. De feito, asegurou que esta guía vai permitir adecuar e protexer os peiraos galegos para facelos máis atractivos tanto para os veciños e usuarios como para os visitantes.

Cómpre mencionar que a primeira guía publicada foi no ano 2012 e consistiu nun estudo de impacto e integración paisaxística. Ademais, no 2020, publicáronse dúas máis: a guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos e a de integración de actividades extractivas. Así que, polo momento, hai 9 guías publicadas, que son máis se contamos as que están sen divulgar.

En definitiva, esta labor contribuirá a mellorar a imaxe dos portos, a visión do sector e o seu atractivo patrimonial, etnográfico, turístico e cultural. “As instalacións portuarias deben ser funcionais e prácticas”, comentan as conselleiras. Así que, apostar por unha integración paisaxística dos espazos portuarios é poñer en valor a paisaxe que conforman as dársenas e terreos anexos ou auxiliares, vinculados ás diferentes actividades (lonxas, talleres, almacéns, cafeterías…) que se atopan no ámbito portuario e, en consecuencia, dar un pulo á calidade de servizos dos traballadores e usuarios.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.