Chega a Muros o XI Roteiro Marítimo Xacobeo O Cabaleiro das Cunchas

31 Xullo 2021

Muros agarda aos peregrinos de O Cabaleiro das Cunchas no seu primeiro día de navegación.
O 6 de agosto realizarán a ofrenda ao Apóstolo en Santiago coa delegada da Xunta en Vigo de oferente

Ás nove da mañá partía desde os pantaláns do Liceo Marítimo de Bouzas a frota que este ano forma parte
da XI Roteiro Marítimo O Cabaleiro das Cunchas, coa proa posta cara á o norte para, despois de 42 millas náuticas de navegación (un 77 km.), chegar ao seu primeiro destino, Muros, onde pernoctarán esta noite.
Con sete xornadas de mar, e a peregrinación a pé desde o Alto do Milladoiro ata Santiago, o Roteiro emprende unha edición especial, ao non poder celebrarse o pasado ano, e coa sempre cautela de manter as medidas de seguridade, non só as propias derivadas da navegación, senón tamén as marcadas polas autoridades respecto a a precaución e hixiene sanitaria en prevención da COVID-19.
A Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández- Tapias será a encargada de realizar a ofrenda ante o Apóstolo Santiago o próximo 6 de agosto, na misa organizada polo deán da Catedral aos peregrinos de O Cabaleiro das Cunchas, e na que se poderá ver o sempre espectacular abalo do gran Botafumeiro.
“Saímos do Liceo Marítimo con moita ilusión de volver iniciar o roteiro do Cabaleiro das Cunchas, despois dun ano parados por esta pandemia”, comentaba Javier Grande, presidente da Asociación dos Amigos do Roteiro de O Cabaleiro das Cunchas. “Navegamos a motor pola Ría de Vigo para saír por fóra de Ons e coller o vento que nos permitise abrir maior e foque. Á altura do Faro de  Corrubedo entrounos un vento do nordeste, o que nos permitiu navegar a unha velocidade de case 7 nós en cinguida, con rumbo directo a Muros. Boa mar e ao final o día acompañounos”, terminaba dicindo Grande.

Este domingo a frota segue subindo pola costa galega dirección norte, iniciando o periplo pola Costa da Morte desde Muros ata Camariñas, nun percorrido de 35 millas náuticas.
O Roteiro Marítimo Xacobeo O Cabaleiro das Cunchas, patrocinada polo Plan Xacobeo 21-22, conta coa colaboración da Fundación Traslatio, que promove o Roteiro dos Grandes Veleiros en 2022, desde Haifa.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.