Cabo de Cruz acolle esta fin de semana as regatas masculina e feminina da Liga Galega de Traíñas

07 Xullo 2021

O vindeiro domingo a Liga Galega de Traíñas chega a Boiro, onde se vai a disputar a VII Bandeira de Traíñas Marina Cabo de Cruz e a II Bandeira galega de Traíñas Feminina Rianxeira. Así o anunciaron este mércores o alcalde do municipio, José Ramón Romero, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, o presidente do Club de remo Cabo de Cruz, Daniel Vázquez, o presidente do Náutico, Manuel Fajardo, e a directora de relacións institucionais de JEALSA, Margarita Hermo.

A proba vaise disputar este domingo pola mañá no peirao de Cabo de Cruz. A primeira será a bandeira galega, que comezará ás 11:00 horas da mañá e despois, arredor das 12:00 horas a bandeira masculina. O campo estará situado ao longo do espigón de Cabo de Cruz, cunha orientación sur-suroeste e cun trazado de regata tradicional en catro longos. En ambas probas participarán os equipos masculino e feminino do Club de Remo Cabo de Cruz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.