Boiro acolle entre 5 e o 9 de xullo unha nova edición do Depor Campus

04 Xullo 2021

O Concello de Boiro, xunto coa Fundación Deportivo e a Escola de Fútbol Municipal, promove unha nova edición do Depor Campus, que se vai celebrar entre os días 5 e 9 de xullo no Campo de Fútbol de Valiño.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na mañá deste 10 de xuño na rolda de prensa na que tamén estiveron o coordinador de fútbol base do RC Deportivo da Coruña, Pablo Barros; o coordinador da EFM, Juanvi Cameán; e o directivo da EFM, Julio García.

Segundo informaron, esta será a cuarta edición do Depor Campus que se celebre en Boiro. Porén, debido ás restricións sanitarias, as prazas están limitadas a 60 participantes e os grupos serán reducidos para cumprir con todas as medidas. Seguindo este fío, a directiva da Escola de Fútbol Municipal fixo fincapé nos protocolos hixiénico-sanitarios que “se van seguir” e “na boa acollida que o campus tivo na pasada edición”.

A actividade está destinada a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 de os 14 anos e ten como obxectivo formar aos participantes en tecnificación deportiva e tamén transmitir os valores do deporte e do fútbol.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, mostrou o seu agradecemento a todas as partes colaboradoras na organización deste campus xa que “o deporte é fundamental para os nosos nenos e nenas”.

Dende a coordinación do Campus anunciaron que as inscricións están abertas e que se poden facer a través da web www.deporcampus.rcdeportivo.es ata o vindeiro xoves día 1 de xullo.

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.