Avanza no Son o proxecto para habilitar unha área de autocaravanas na Telleira, en Miñortos

22 Xullo 2021

Malia que Boiro e Carnota son referentes en materia de servizos para turistas de autocaravana, está claro que non van ser os únicos concellos da nosa comarca con vontade de aparecer nos mapas xeolocalizados deste tipo de turistas, cada vez máis presentes por estas datas. Se os días pasados falamos do mini-servizo para autocaravanas instalado en Broña (Outes), hoxe damos conta dunha iniciativa do Concello de Porto do Son para avanzar no ordenamento desta actividade turística en auxe no termo municipal (onde non existe unha área habilitada para acoller de xeito regulado estes vehículos).

Área de autocaravanas de Praia Xardín en Boiro

Segundo fixo saber a tenente de alcalde, María Maneiro, “é preciso regular a chegada destes vehículos, en parte porque estas chegadas son cada vez máis frecuentes, e en parte porque é habitual que se atopen con dificultades para estacionar correctamente e dispoñer das infraestruturas e servizos necesarios”.

Segundo comentou, unha das opcións para habilitar unha área específica destinada autocaravanas era a contorna das Furnas, en Xuño, que é un destino habitual deste tipo de turistas e onde hai un interese veciñal por habilitar servizos regulados, pero existe un impedimento claro para facer avanzar o proxecto: a maior parte da contorna está catalogada dentro da Rede Natura 2000. Malia que o Concello anunciou que tentará buscar unha solución a esta limitación (buscando compatibilizar a protección medioambiental da zona con medidas que garantan o correcto estacionamento), a opción que cobra máis peso polo de agora sería a de acondicionar un estacionamento específico en Miñortos, na Telleira.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.