As embarcacións tradicionais homenaxearon en Dodro e Padrón a Rosalía de Castro

27 Xullo 2021

O sábado 24 de xullo, encadrada no programa de actividades conmemorativas do Día de Galicia (25 de xullo), celebrouse unha xuntanza de embarcacións tradicionais galegas nos ríos Ulla e Sar. Estamos a falar do acontecemento cultural Inchadiña Branca Vela (homenaxe a Rosalía de Castro) que fixo recalada no Agro das Silvas (Dodro) e que incluíu unha remontada até o paseo do Espolón, en Padrón.

A singradura fluvial de dornas tradicionais procedentes de todo o país foi un tributo ao legado de Rosalía e, en concreto, a aquelas embarcacións que a nosa poeta plasmou e homenaxeou en Cantares Gallegos. Foi a novena edición dunha xeira poético-mariñeira na que participaron dornas, gamelas e galeóns chegadas das rías de Vigo, Pontevedra, Arousa e Ribadeo, ademais da Guarda.

Organizou a Fundación Rosalía e a Asociación Cultural Dorna da Arousa, coa colaboración dos Concellos de Padrón, Dodro e Valga. Logo da chegada das dornas a Padrón, celebrouse un concerto do grupo portugués Canto d’Aqui na Praza de Macías.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...