As condicións climáticas obrigan a novos reaxustes nas festas de Boiro

A previsión de mal tempo obrigou a facer cambios os espectáculos previstos para esta semana no marco do programa das Festas do Verán 2021. O Concello compartiu este luns pola mañá os detalles da nova actualización do programa e das diferentes localizacións. Segundo fixo saber, mantéñense as alboradas e a sesión vermú de cada mañá, así como os espectáculos infantís que se realizan cada mañá ás 12.00 horas na praza de Galicia.

O espectáculo Opera Breaks será o mércores pola noite na praia de Barraña

Amais, todos os espectáculos previstos para a noite celebraranse agora na carpa situada na praza de Galicia, de maneira que se resituaron os que estaba previsto que se celebraran na praza da Terceira Idade e cámbianse de data. “Algúns dos espectáculos non foi posíbel reprogramalos nesta semana, polo que quedan adiados”, explicou o Concello.

Noite do 5 de xullo

Esta noite estaba previsto que actuase a compañía de danza Fran Sieira, co seu espectáculo Entre os soños, pero a función foi adiada sen data prevista e no seu lugar esta noite estarán na praza de Galicia o grupos Pains, ás 21.30 horas, que ía tocar o sábado xunto Copa Turbo, e os grupos Faul e Pídechas o Corpo, ás 22.15 e 23.00 horas, programados por Muchachas.

Martes 6 de xullo

Para este martes mantense a programación da mañá coa alborada con Arume e a sesión vermú co grupo A Dorniña de Abanqueiro. Ás 12.00 horas teatro para público infantil e familiar con Teatro ao Cubo. Para a noite aprazase o espectáculo de Broken Peach, que queda adiado para o mércores, e no seu lugar na Praza de Galicia estarán Abeloura ás 20.30 horas e Xilbarbeira ás 21.30 horas.

Mércores 7 de xullo

O mércores día 7 farán as alboradas Arume e a sesión vermú a charanga Vai de Baile. Ás 12.00 horas teatro familiar con Sempre Arriba na praza de Galicia. A verbena con Marbella prevista para o mércores pola noite cambia de data para o venres e na praza de Galicia ás 22.30 horas terá lugar o espectáculo de Broken Peach.

Xoves 8 de xullo

O xoves ás 22.30 horas na praza de Galicia será o concerto de Guadi Galego que estaba previsto para o domingo e o venres, ás 22.00 horas fin de festa coa orquestra Marbella.

Amais, mantéñense as reservas previas nos espectáculos e, debido ás posíbeis ausencias, deixarase entrar xente no control de acceso ata completar aforo.

Así queda o programa das festas completo para cada día:

Luns 5 de xullo

10.00 horas – Alboradas co grupo de gaitas Arume

12.00 horas – Sesión vermú con As da Boina

12.00 horas – Praza de Galicia – Teatro familiar con Teatro ao Cubo

21.30 horas – Praza de Galicia – Pains

22.15 horas – Praza de Galicia – Faul

23.00 horas – Praza de Galicia – Pídechas o Corpo

Martes 6 de xullo

10.00 horas – Alborada con Arume

12.00 horas – Sesión vermú con A Dorniña de Abanqueiro

12.00 horas – Praza de Galicia -Teatro familiar con Aimar & Cía

20.30 horas – Praza de Galicia -Espectáculo de baile tradicional con Abeloura

21.30 horas – Praza de Galicia -Espectáculo de baile tradicional con Xilbarbeira

Mércores 7 de xullo

10.00 horas – Alborada co grupo de gaitas Arume

12.00 horas – Sesión vermú coa charanga Vai de Baile

12.00 horas – Praza de Galicia – Teatro familiar con Sempre Arriba

21.00 horas – Praia de Barraña – Opera Breaks (espectáculo para todos os públicos dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña)

22.30 horas – Praza de Galicia – Broken Peach

Xoves 8 de xuño

22.30 horas – Praza de Galicia – Guadi Galego

Venres 9 de xullo

22.00 horas – Praza de Galicia – Orquestra Marbella