Amicos, finalista nos Premios Solidarios Orange cun proxecto de sustentabilidade TIC

15 Xullo 2021

A asociación Amicos, entidade social e solidaria do Barbanza centrada na atención e na inclusión de persoas con diversidades cognitivas ou motrices, é unha das finalistas na décima edición dos Premios Solidarios Orange co seu proxecto #BancoTICOrange, unha proposta para cambiar o mundo propiciando un cambio integral no noso xeito de producir e consumir tecnoloxía.

En concreto, #BancoTICOrange xorde do compromiso de Amicos por impulsar a loita contra o cambio climático dende a sustentabilidade e a economía circular, promovendo o alongamento da vida útil dos dispositivos electrónicos (e das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, as TIC) e implicando profesionalmente a persoas en risco de exclusión. Polo tanto, #BancoTICOrange non só se dirixe a combater o quecemento da Terra, senón tamén a tirar abaixo barreiras, de xeito complementario, en materia de igualdade social.

Os Premios Solidarios Orange son unha iniciativa da operadora de telecomunicacións do mesmo nome e teñen o obxectivo de ir alén do negocio tradicional de telecomunicacións, “xa que axudan a crear valor” e representan o compromiso social da empresa. Establécense tres categorías: Cambio climático, Inclusión dixital e Uso responsábel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.