Aguiño honrou esta mañá a súa patrona a Virxe do Carme. Reportaxe fotográfica

16 Xullo 2021

A parroquia da Nosa Señora do Carme celebrou esta mañá do venres a súa festividade cunha misa solemne na explanada do porto. A Eucaristía presidida polo reverendo Carlos Julio Cárdenas, párroco desde 2016 da ferigresia de Aguiño, presidiu unha celebración nun fermoso e soleado día na que participaron preto de douscentos veciños.
O acto contou coa presenza do alcalde, Manuel Ruíz, e membros da Corporación municipal quen posteriormente embarcarían nunha lancha de vixilancia para botar o mar unha coroa de flores en memoria dos mariñeiros falecidos.

A situación sanitaria imposibilitou por segundo ano, que se celebrara a tradicional procesión marítima. A parroquia celebra a festividade con diversos actos relixiosos que empezaron a primeira hora no templo parroquial cunha misa cantada, a misa solemne transmitida polas redes sociais e xa pola tarde a misa de acción de grazas.

A misa solemne estivo acompañada pola agrupación Orquesta Sons, bombas de palenque e por gaiteiros que percorreron desde primeira hora as rúas do pobo de Aguiño.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.