A Xunta permitirá aos concellos da comarca contratar 16 persoas en desemprego para a prevención de incendios

01 Xullo 2021

A Xunta vén de resolver a convocatoria de axudas deste ano do programa Aprol Rural, destinadas a apoiar aos concellos na contratación de persoas desempregadas para a realización de servizos de prevención de incendios, entre outros. Na comarca do Barbanza beneficiaranse 11 municipios, que percibirán unha contía de 220.000 euros, coa poderán contratar 16 persoas. En Galicia, en global, apoiarase a contratación de 505 persoas sen emprego en 284 concellos a través dun investimento de sete millóns de euros.

En boa medida, as persoas desempregas realizarán tarefas relacionadas coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Na orde de axudas deuse prioridade aos concellos fusionados e os emprendedores. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo.

O obxectivo da iniciativa é “incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural de Galicia, mediante a contratación de persoas desempregadas, e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas da Comunidade Autónoma”.

Estas contratacións únense aos apoios xa aprobados pola Xunta destinados aos concellos do Barbanza para impulsar a contratación do servizo de socorristas que é competencia municipal. No caso desta comarca, a Consellería de Emprego e Igualdade financiará a contratación de 55 socorristas en 9 concellos cun investimento de 178.000 euros.

Por concellos, este será o importe que reciba cada un ao abeiro destas axudas:

Boiro: 2 contratacións e 28.750,00 €

Carnota: 1 contratación e 13.557,24 €

Lousame: 1 contratación e 13.749,93 €

Mazaricos: 1 contratación e 13.750,00 €

Muros: 1 contratación e 13.565,61 €

Noia: 2 contratacións e 27.500,00 €

Outes: 1 contratación e 13.750,00 €

A Pobra: 1 contratación e 13.750,00 €

Porto do Son: 2 contratacións e 27.500,00 €

Rianxo: 2 contratacións e 27.500,00 €

Ribeira: 2 contratacións e 27.500,00 €

O total é de 220.872,78 €

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...