A Xunta apoiou no Barbanza a 75 autónomos con axudas de máis de 186.000 euros

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, visitaron o establecemento de fotografía Contraluz Estudio Fotográfico de Maria Fariña, para anunciar a resolución do Bono Autónomo 2020 da área do Barbanza.

O delegado da Xunta tamén informou sobre a apertura (este 12 de xullo) da convocatoria do Bono Autónomo 2021 e que contará con 5,5 millóns de euros, un 10% máis ca no anterior convocatoria. O obxectivo consiste en apoiar aos emprendedores que leven máis de 42 meses de traxectoria.

Cabe mencionar, indicou, que no 2020, recibiron axudas 75 persoas. Por tanto, as achegas totais foron de máis de 186.000 euros para traballadores por conta propia dos concellos de Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Serra de Outes, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Ribeira.

A actuación contou con dúas liñas de axudas para mellorar a competitividade dos autónomos. Dunha banda, apoiouse no desenvolvemento de servizos destinados á investigación de mercado e plans de mercadotecnia (marketing), comunicación, estratexia, crecemento, comunicación, refinanceamento ou reorientación do negocio, así como os dirixidos ao uso das novas tecnoloxías. Tamén se aprobaron axudas para outros estudos ou plans que teñan como fin incrementar a competitividade da actividade empresarial. Doutra, financiáronse investimentos relacionados coa compra de maquinaria, ferramentas, equipos informáticos ou rótulos; coa reforma do local; a posta en marcha de aplicacións informáticas e páxinas web ou a creación de logotipos do negocio.