O clásico grupo Os Trobeiros da Ponte ofrecerá un concerto na Casa de Cultura do Porto do Son o vindeiro sábado, 3 de outubro, ás 20:00 horas.
Trobeiros da Ponte é unha agrupación musical galega formada por un grupo de amigos apaixonados pola música que se converteu nun referente na interpretación de boleros clásicos e cancións de sempre en Galicia.
Aínda que no seu repertorio abranguen pezas contemporáneas e diferentes ritmos latinos ou world music, o bolero é o xénero que define o seu selo artístico. Teñen como obxectivo achegar a elegancia deste estilo tanto aos que xa o desfrutaron na súa mocidade como ás novas xeracións.
Teñen a súa orixe en Pontenafonso, entre os concellos de Noia e Outes.




