A ruta náutica xacobea fixo unha parada na Pobra do Caramiñal

09 Xullo 2021

A Pobra do Caramiñal constitúe o final da segunda etapa da ruta xacobea náutica e o comezo da terceira. Esta iniciativa está impulsada polos clubs Monte Real Club de Yates de Baiona e RCN Portosín.

Un total de 25 embarcacións con 124 tripulantes foron recibidas hoxe pola concelleira do Turismo, Charo Varela, quen puxo en valor os recursos turísticos cos que conta o municipio. Pola súa parte, Ignacio Sánchez e Roi Alonso, comodoro e director deportivo do MRCYB, expresaron o seu agradecemento ao Concello e a Muport pola súa disposición. O acto finalizou coa entrega dunha bolsa de agasallos -formada por material de promoción do turismo e conservas da Pobra- para cada unha das persoas asistentes.

Os veleiros xa partiron o 7 de xullo dende Baiona e desembarcarán en Portosín mañá, sábado 10. Ademais, realizarán paradas en Combarro, A Pobra do Caramiñal e Muros para, finalmente, percorrer a pé o último tramo da ruta ata chegar a Santiago de Compostela, o día 11.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.