A ribeirense Fabiola García agradece á organización da travesía Arousaman a súa iniciativa para demostrar ao mundo a valía das persoas con discapacidade

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asistiu esta mañá á saída dos participantes do Arousaman desde a praia de Confín, no Grove, onde puido animar aos nadadores antes da súa travesía, que rematou este mediodía na praia de Coroso, en Ribeira.

Fabiola García felicitou aos organizadores por permitir, a través deste campionato, amosarlle ao mundo a valía das persoas con dano cerebral adquirido. Así mesmo, destacou que a Xunta está sempre a carón das persoas con discapacidade e daquelas iniciativas que impulsan a concienciación da sociedade.