A Policía Nacional de Ribeira advirte do intento dun tipo de estafa cometida a través de Internet

28 Xullo 2021

A Policía Nacional emitiu un comunicado no que advirte dunha tentativa de estafa informática realizada a varios cidadáns de Ribeira. Segundo sinalan os axentes, en todos casos estase a dar a mesma metodoloxía: a vítima recibe unha chamada telefónica no seu teléfono fixo, na que unha persoa, normalmente con acento estranxeiro, faise pasar por traballador do servizo técnico dunha coñecida empresa de software e produtos informáticos, e infórmalle de que detectaron que no seu computador hai un problema relacionado cun virus.

Amais, o chamante di á vítima que poden solucionarlle o problema de “forma remota por un módico prezo, o cal deben abonar facilitando os datos do seu cartón de crédito”. En caso de que as vítimas acepten o trato (cousa que vén sendo habitual, dado o módico prezo do mesmo), procederase a instalar un programa que habilita o acceso remoto aos computadores das persoas supostamente afectadas polo virus, para, en teoría, eliminar este dos terminais. A partir de aí os criminais terán baixo control os equipos, cousa que os facultará para instalar diversos malwares cos que obter información e datos diversos, entre os que se contan os datos bancarios.

Ademais, e co pretexto de facer unha factura polos servizos prestados, o chamante adoita pedir á vítima os seus datos persoais completos, o seu D.N.I., e mesmo chegan a obter directamente das vítimas os seus datos bancarios completos.

Con estes datos, e cos facilitados polo usuario do seu cartón de crédito, os autores comezan a ordenar transferencias e pagos de todo tipo, que continúan ata que a vítima decátase dos movementos na súa conta.

A Policía Nacional recomenda o seguinte:

1. Nunca ofrecer información persoal ou bancario por Internet, a menos que sexa en sitios de total confianza. Cómpre asegurarnos de que o enderezo da web correspóndese co real e que esea comeza por https (fixar que non falte a “s” do final). Han de comprobarse para non ser vítima de phising e é necesario que teñamos en conta que o noso banco nunca pedirá eses datos por correo electrónico.

2. Non desestimar as medidas de seguridade para manter o noso perfil privado. Utilizar contrasinais de calidade (con letras, números e outros caracteres), cambiándoos cada pouco. Ao pensar na pregunta segreda, se é moi evidente, pode que estamos deixando unha porta aberta ás nosas contas de correo electrónico e perfís sociais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.