A Pobra oferta un itinerario formativo dirixido á xente nova

07 Xullo 2021

Este 7 de xullo presentouse na Pobra un programa formativo dirixido a fomentar a empregabilidade da xente nova. Trátase do Itinerario de cualificación na ocupación de limpeza, conservación e mantemento urbano que se vai desenvolver no municipio da Pobra do Caramiñal entre o día 9 de agosto e o 21 de outubro, para o cal ofértanse 12 prazas. Segundo explicou a concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), este proxecto ten por obxecto o “emprego xuvenil, sobre todo, naqueles concellos onde o saldo demográfico é negativo”.

Doutra banda, Marisa Estalote, como técnica externa, manifestou que a finalidade “vai ser a inserción das persoas mozas e pretende centrarse na experiencia práctica”.

Pola súa banda, a orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez, animou a xente nova a participar, pois “non é un único curso, senón que se trata dun itinerario formativo no que non só van adquirir competencias relacionadas cunha ocupación, senón tamén directamente coa busca de emprego e emprendemento”.

Esta acción consta dun total de 300 horas lectivas, de luns a venres, en horario de 09.00 a 15.00 horas. Os módulos que o integran son: albanelaría e obra civil, limpeza industrial e urbana, xardinaría, arte urbana, emprendemento e coaching (adestramento profesional).

As prácticas desenvolveranse en diferentes lugares do concello que garden relación coas competencias impartidas. Ademais, haberá unha bolsa de participación de 13 euros diarios por xornada de asistencia.

As persoas aspirantes deberán reunir unha serie de requisitos, entre eles, ter entre 16 e 30 anos de idade; ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ó emprego público; estar de alta como demandante de emprego; estar empadroado/a no concello pobrense; e estar rexistrado/a no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O prazo de presentación de solicitudes nesta acción formativa será de cinco días hábiles dende o día 8 de xullo. Entregaranse no rexistro xeral do Concello, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través da sede electrónica municipal. Toda a información detallada está á disposición no taboleiro de anuncios, na referida sede electrónica e no propio rexistro. Para resolver dúbidas poden contactar co Servizo de Orientación Laboral a través do teléfono 981377610.

A dita operación recibe unha concesión directa de subvencións a entidades locais para o financiamento de proxectos de emprego, autoemprego e emprendemento colectivo, ó abeiro do Real decreto 1234/2018, de 5 de outubro, do Ministerio da Política Territorial e da Función Pública, dirixidas a afronta-lo reto demográfico nos municipios de menor poboación, no marco do Programa operativo de emprego xuvenil do Fondo Social Europeo (axudas EMP-POEJ). Así, dos 50.200 euros, o Fondo Social Europeo proporciona arredor de 46.000 euros.

Outros artigos

Atlántica trae á Pobra dous espectáculos de narración oral

O Festival Atlántica volve levar novas historias a diferentes puntos da xeografía galega e parte da portuguesa no verán deste 2024. Narración oral e paraxes fundiranse unha vez máis con numerosos espectáculos de narración oral. A Pobra do Caramiñal é unha das...

+

A Pobra recibe a bandeira azul para a praia da Lombiña-Cabío

A praia da Lombiña-Cabío é un dos areais recoñecidos coa bandeira azul pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) neste 2024. O acto de entrega das 140 bandeiras azuis que corresponden a Galicia -114 praias, 11 portos deportivos e 15 centros...

+

Accidentes na estrada AG11 na Pobra e en Rianxo

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 20.00 horas deste 13 de xuño dun accidente de tráfico na AG11 á altura do punto quilométrico 16 en sentido Ribeira, en Rianxo, ao paso da vía polo lugar de Vilas, na parroquia de Asados. O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...