A Banda de Música de Teo abre o Ciclo de Bandas Concello de Rianxo

26 Xullo 2021

Este domingo 1 de agosto, ás 21.00 horas, comeza oficialmente a dezaseis edición do Ciclo de Bandas Concello de Rianxo. Será no exterior do CEIP Castelao, da man da Banda de Música Cultural de Teo, ao abeiro dunha proposta enmarcada na Rede Cultural da Deputación da Coruña 2021.

Esta nova edición do Ciclo de Bandas, organizado conxuntamente pola Escola de Música de Rianxo e o Concello en colaboración coa Deputación da Coruña, inclúe tamén (no mesmo emprazamento) os concertos da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra do Caramiñal (domingo 22 de agosto) e da Escola de Música de Rianxo (domingo 29 de agosto).

As entradas serán de balde e poderán adquirirse só con reserva previa de localidades ata as 12:00 h do xoves 30 de xullo, a través do formulario no enderezo web municipal, na sección de reservas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...