A axenda cultural de Ribeira vén este verán con máis de trinta espectáculos

A cultura vai ser unha das grandes protagonistas deste verán na comarca do Barbanza. Un exemplo modélico é Ribeira, que dará acollida a máis de trinta espectáculos ao abeiro da Fiestra da Cultura. Será unha axenda descentralizada, diversa, segura e para todas as idades. O ciclo abranguerá os meses de xullo, agosto e setembro. En total, haberá 34 citas culturais percorrerán os diferentes recunchos do termo municipal, entre as que se contan 15 concertos abeirados ao programa de novos talentos locais Rúas Musicais.

A concelleira de Cultura, María Sampedro Fernández, desvelou este 2 de xullo o cartel da Fiestra, formado por concertos, actuacións cómicas, novo circo, exposicións, cine ao aire libre, contacontos, maxia, danza contemporánea e un longo etcétera. Segundo fixo saber, para algunhas destas actividades cóntase coa colaboración da Deputación, a través da Rede Cultural, e da Xunta de Galicia a través de programas como Cultura no Camiño ou o Xacobeo.

Tamén explicou que “o aforo en todos estes eventos estará limitado e o espazo acoutado para evitar aglomeracións, cumprindo coa normativa de prevención da COVID-19 en vigor en cada momento”.

Segundo dixo, este venres 2 de xuño principia o programa coa inauguración, ás 21.00 horas no Centro Cultural Lustres Rivas, da exposición Momentos para a creatividade, de Joaquín Cortés Laíño.

Polas previsións de choiva acábase de adiar unha gala de circo (Cirqueiras) que ía desenvolverse mañá sábado no paseo do Malecón, pero si que se mantén a actuación musical de Human no paseo do Malecón en sesión vermú ás 13 horas e unha das sesións enmarcadas no Festival Atlántica de Narración oral, que será tamén o domingo 4 de xullo con Xurxo Souto no Castro da Cidá ás 21 horas e o xoves 8 de xullo con Paula Carballeira no parque Punta do Castro de Castiñeiras á mesma hora.

O venres 9 de xullo comezarán as sesións de autocine nas parroquias, principiando en Artes coa película Nocturna, unha aventura máxica. As proxeccións serán en formato autocine para que os espectadores poidan ver as películas dende os seus vehículos e terán lugar todos os venres ata o 3 de setembro, e contarase cunha selección de filmes como Lego, a película, A illa das mentiras, Mascotas 2, Copito de neve, A familia Adams, Sonic ou Meigallo.

Teatro Ghazafellos

Tamén ás parroquias chegarán outras outras propostas culturais como o espectáculo A máquina do tempo de Teatro Ghazafellos en Aguiño o 17 de xullo, o contacontos O Paroleiro en Palmeira o 14 de agosto ou o espectáculo de danza contemporánea que terá lugar no Parque de Punta do Castro de Castiñeiras da man do Xacobeo a través do Programa Propulsa o sábado 17 de xullo.

Os sábados a meirande parte das accións están centradas en Ribeira, na praza de Porta do Sol ou no Malecón en función das características de cada espectáculo. Haberá entre outras a obra de teatro A gárgola do mestre Mateo, da Xanela do Maxín, que contará coa participación do grupo tradicional Tahume, cun cartaz promocional deseñado polo alumnado do colexio de Olveira; a maxia de Martín Camiña, Fani Triana ou o Gran Braulio, A tropa do doutor milagre ou os malabares e humor da compañía Assicorpatas.

Javi Maneiro presentará o seu novo traballo discográfico

Tamén en Ribeira contarase con propostas musicais destacadas, algunhas delas cadrando coas datas de celebración festexos tradicionais como a Dorna, as Festas de Verán ou Santa Uxía. Así, atópanse o concerto do grupo SonDaRúa o 24 de xullo, ou as actuacións de artistas locais como Javi Maneiro o 6 de agosto para presentar o seu novo disco Palabras de un desconocido ou ao día seguinte, 7 de agosto, o espectáculo de danza Demente da compañía de Fran Sieira. E de cara a setembro, está previsto organizar o 11 de setembro un contacontos de Charo Pita en horario de tarde en Porta do Sol e pola noite un concerto de Mikel Erentxun e Monoulius Dop.

Ademais este ano, coincidindo co festivo local o 16 de xullo, día do Carme, farase un esforzo na programación sobre todo naquelas parroquias nas que tradicionalmente se celebra esta efeméride como son Aguiño e Palmeira, onde ademais dos oficios relixiosos celebraranse concertos como o de Manoele de Felisa en Aguiño, o programa O País das bandas en Palmeira, ou a actuación en ambas parroquias do Mago Antón.

Programación (prevista a día de hoxe)

XULLO

-Exposición Momentos para a creatividade, de Joaquín Cortés Laíño.

Inauguración, venres 2 de xullo ás 21 h –ata o 31 de xullo-

Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira.

Horario: De luns a venres de 10 a 14 h e de 19 a 21 h e sábados de 12 a 14 h.

-VII Festival Ri beira Cirqueiras – Gala de Circo, de Culturactiva.

Isa Risco – Patty Diphussa – Marta Sempre Arriba – Avelacirco

Sábado 3 de xullo.

Paseo do Malecón de Ribeira, ás 22:15 h.

Adiado a unha nova data por determinar (no mes de agosto)

-Atlántica Festival de Narración Oral

O retorno dos homes mariños, de Xurxo Souto

Domingo 4 de xullo.

Castro da Cidá, ás 21:00 h.

Imprescindible reserva previa

-Atlántica Festival de Narración Oral

Os camiños máis longos, de Paula Carballeira

Xoves 8 de xullo.

Parque Punta do Castro – Castiñeiras, ás 21:00 h.

Imprescindible reserva previa

-Noites de Autocine

Nocturna, unha aventura máxica

Venres 9 de xullo.

Exterior Centro Recreativo Artes, ás 22:15 h.

-VII Festival Ri beira: Teatro, música e canto tradicional

A gárgola do Mestre Mateo, da Xanela do Maxín.

Sábado 10 de xullo.

Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h.

-VII Festival Ri Beira: Maxia

A volta a Galicia en 313 concellos, do Mago Antón

Venres 16 de xullo.

De 10:30 a 13:30 h. no Porto de Palmeira (4 pases).

De 18:00 a 21:00 h. no Porto de Aguiño (4 pases).

-O País das Bandas. Concerto dunha banda de música

Venres 16 de xullo.

Porto de Palmeira, ás 20:30 h.

-Concerto: Cancioneiro do Camiño

Manoele de Felisa

Venres 16 de xullo.

Porto de Aguiño, ás 22:15 h.

-Noites de autocine: Lego, La película 2

Venres 16 de xullo.

Aparcadoiro Sociedade Fillos de Palmeira, ás 22:15 h.

A Máquina do tempo, de Teatro Ghazafelhos

Sábado 17 de xullo.

Campo da Tasca de Aguiño, ás 20:30 h.

Patrocina: Programa Ler Conta Moito

-VII Festival Ri Beira: Laretando nas lareiras, de Martín Camiña

Sábado 17 de xullo.

Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h.

Patrocina: Secretaría Xeral de Política Lingüística – FalaRedes

-Xacobeo Propulsa (danza)

Keep Going de La Macana.

Vertebrata, de Alejandra Balboa.

Feelings, de Janés Novás.

Canela, de Laboratorio Escénico Coop.

Sábado 17 de xullo.

Parque Punta do Castro, ás 21:00 h.

-Concerto Eterno Combate, de SonDaRúa

Día da Dorna, sábado 24 de xullo

Paseo do Malecón, ás 22:15 h.

-Noites de Autocine: Copito de Neve

Venres 30 de xullo.

Aparcadoiro do Pavillón de Sirves – Olveira, ás 22:15 h.

-VII Festival Ri Beira: Teatro Dous no Camiño, de Fran Rei e Isabel Risco

Sábado 31 de xullo.

Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h.

AGOSTO 2021

-Exposición Estirpe de Poseidón, de Carlos Pereira.

Inauguración, venres 6 de agosto ás 21 h –ata o 4 de setembro-

Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira.

Horario: De luns a venres de 10 a 14 h e de 19 a 21 h e sábados de 12 a 14 h.

-Noites de Autocine: A Illa das Mentiras

Venres 6 de agosto.

Porto de Aguiño, ás 22:15 h.

A Árbore das Músicas: Xogos de habilidade, música, espectáculos infantís, reparto de granizados, inchables, festa da escuma, etc.

Venres 6 de agosto.

Praza do Concello, de 11:30 a 14:00 h e de 18:30 a 21:00 h.

-Concerto: Palabras de un desconocido, concerto de Javi Maneiro

Venres 6 de agosto.

Paseo do Malecón, ás 22:15 h.

-Espectáculo de danza: Demente, da compañía de danza Fran Sieira.

Sábado 7 de agosto.

Paseo do Malecón, ás 22:15 h.

Noites de Autocine: Mascotas 2

Venres 13 de agosto.

Aparcadoiro grande – Corrubedo, ás 22:15 h.

-O Paroleiro, Contacontos de Pablísimo

Sábado 14 de agosto.

Pista deportiva do Porto de Palmeira, ás 20:30 h.

Patrocina: Programa Ler Conta Moito

-VII Festival Ri Beira: Maxia O Gran Braulio

Sábado 14 de agosto.

Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h.

-Noites de Autocine: Sonic a Película

Venres 20 de agosto.

Exterior do Centro Social de Oleiros, ás 22:15 h.

-VII Festival Ri Beira: Maxia Un par de dous, con Martín Camiña e Fani Triana

Sábado 21 de agosto.

Paseo do Malecón, ás 22:15 h.

-Noites de Autocine: A Familia Adams

Venres 27 de agosto.

Aparcadoiro Punta do Castro – Castiñeiras, ás 22:15 h.

-VII Festival Ri Beira: Teatro de Rúa, A tropa do doutor Milagre, de Inventi Teatro

Sábado 28 de agosto.

Paseo do Malecón ou Porta do Sol, ás 22:15 h.

SETEMBRO 2021

-Noites de Autocine: Meigallo

Venres 3 de setembro.

Campo da Festa – Carreira, ás 22:15 h.

-I Festa da Alegría

Sábado 4 e domingo 5 de setembro.

-Exposición Noir et Blank, de Veiras Manteiga

Do 10 de setembro ao 9 de outubro.

Centro Cultural Lustres Rivas.

Horario: De luns a venres de 10 a 14 h e de 19 a 21 h e sábados de 12 a 14 h.

-VII Festival Ri Beira: Humor e malabares, Abracadaver, de Assircopatas

Venres 10 de setembro.

Praza de Porta do Sol, ás 20:15 h.

-Andar aos biosbardos, Contacontos de Charo Pita.

Sábado 14 de setembro.

Praza de Porta do Sol, ás 20:15 h.

Patrocina: Programa Ler Conta Moito

-Concertos de Mikel Erentxun e Monoulious Dop

Sábado 11 de setembro.

Paseo do Malecón ou Praza de España, ás 22:15 h.