A área sanitaria Santiago- Barbanza con 30 MIR, é a que máis residentes de medicina de familia incorpora aos seus centros

15 Xullo 2021

En total son 30 os que se formarán a partir do 20 de xullo aos 17 centros de Saúde e aos 2 hospitais acreditados na área, o Clínico e o Barbanza, un incremento do 300% dende o 2017

A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza convértese na que máis residentes de familia incorpora de toda Galicia. En total son 30 os MIR de Medicina Comunitaria e Familiar os que se formarán dende o 20 de xullo nos 17 centros de Saúde e 2 hospitais acreditados da área (Hospital Clínico e Barbanza).

A Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria, cuxos responsables son Sergio Cinza Sanjurjo e Soraya Meijome Blanco, foi quen de incrementar as prazas docentes dende o máximo de 10 prazas anuais no 2017 ás 30 actuais (un incremento do 300%).

Tamén é salientable a obtención da acreditación para a docencia de enfermería familiar e comunitaria (EIR) de 4 prazas anuais nos dous últimos anos e que prevé un incremento de 2 máis o ano que ven.

Esto conseguise grazas ao esforzo da xerencia da área, da unidade docente multiprofesional e dos docentes dos centros de Saúde e hospitais acreditados que permiten aumentar a capacidade docente mantendo a calidade da formación dos residentes.

Hoxe celebráronse os actos de acollida dos 30 MIR e 4 EIR en dous actos celebrados no hospitais Clínico e Barbanza.

Outros artigos

Este venres entrégase en Rianxo o Premio Muller Salgada 2024

Mulleres Salgadas entregará o vindeiro venres día 28 de xuño o seu Premio Muller Salgada 2024. O acto, que conta coa colaboración do Concello de Rianxo, terá lugar ás 18.30 no Auditorio de Rianxo (A Coruña). A orixe do galardón A cultura do esforzo xeneroso,...

+

O Concello de Ribeira xa dispón do seu propio bastón

Entrega do bastón de mando (imaxes de José Manuel Martínez, Concello de Ribeira) Na maña do pasado 14 de xuño celebrouse a xunta de coordinación ordinaria no Concello de Ribeira, unha xuntanza que rematou dun xeito que tivo pouco de ordinario: coa estrea oficial, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....