A ABE repartirá máis de 2.000 euros na súa campaña de verán máis participativa

02 Xullo 2021

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) vai repartir máis de 2.000 euros na súa campaña de verán. Será a través dunha iniciativa pioneira e altamente participativa, tal e como fixeron saber este 2 de xullo os responsábeis da entidade, que explicaron que “por vez primeira nos máis de 33 anos de historia da asociación imos pór en marcha unha campaña na que van participar os máis de 200 socios e socias da entidade”.

O alcalde boirense José Ramón Romero e o presidente da ABE Daniel García

A campaña, denominada Quincenas Fantásticas, vaise desenvolver entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. Sortearanse 500 € ao remate de cada unha das 4 quincenas. (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros).

Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera das firmas socias da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.

“Trátase dunha campaña sen precedentes xa que son válidos os tíckets de comercios, bares, restaurantes, ocio nocturno pero tamén os tíckets ou facturas de calquera outra empresa asociada, por exemplo salóns de peiteado, dentistas, fisios, seguros, pintores, reparacións … en definitiva calquera gasto realizado nunha das empresas socias da ABE”, explicou Daniel García, presidente da patronal boirense, engadindo que “os establecementos que teñen local de cara ao público, como por exemplo comercio, hostalería e similares, lucirán carteis en círculo de 49 cms e grilandas de cores de 90 cms”.

Tamén se están a colocar nas rúas de Boiro dous tótems de 2,5 metros con feitura de cubo nos que irá ademais da imaxe da campaña os nome comercial de todos os socios e socias da ABE.

Por certo que aos 2.000 € en premios hai que engadirlle outros 4 premios de 30€ que se porán en xogo dende as redes sociais da ABE, un por cada quincena coa finalidade de promocionar a campaña e buscar o máximo alcance.

Para esta campaña usarase o cancelo #quincenasfantasticas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.