Xa podemos matricularnos no novo curso da sede ribeirense do cuarto Ciclo da USC

23 Xuño 2021

O Concello de Ribeira informou da apertura do prazo para matricularnos nas actividades formativas do cuarto Ciclo da Universidade de Santiago, que ten edicións nun feixe de concellos, incluído o de Ribeira. O prazo estará aberto entre o 21 de xuño e o 30 de xullo. Todas as persoas maiores de 50 anos que o desexen poden formalizar a súa matrícula na páxina web da Universidade de Santiago.

Participantes nas actividades da USC nunha visita ao Museo do Gravado de Artes

A formación universitaria a partir dos 50 anos é posíbel en Ribeira grazas ao convenio asinado en 2019 entre a USC e o Concello de Ribeira, que fai saber que “a creación dunha sede universitaria do IV Ciclo dirixida a persoas maiores de 50 anos, promove a formación continua, a democratización dos estudos universitarios, en definitiva a universalización da formación universitaria trasladándoa da capital de Galicia á cabeceira da comarca do Barbanza”.

Este curso 2021-2022 a oferta formativa na sede de Ribeira do IV Ciclo da USC é a seguinte:

• 1º cuadrimestre: Nutrición; Patrimonio Bibliográfico; Aprendizaxe Emocional e Benestar

• 2º cuadrimestre: Introdución á Zooloxía; Psicoloxía; Historia da Arte Galicia

Para máis información contactar co 881 814 588 ou coa USC a través da conta ivciclo@usc.es.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.