O Club Náutico e Deportivo de Riveira é o convocante da gran cita náutica cun dos seus eventos estrela

Finalmente, as mellores previsións confírmanse e serán unha trintena de veleiros os que este sábado tomen parte
na vixésima edición do Trofeo Presidente Ramiro Carregal Rey, en representación dunha decena de entidades deportivas galegas que traen ata Riveira aos seus mellores embaixadores.
O club náutico barbancés é o organizador da gran cita náutica, a Regata Frinsa, da que este ano só celebrarase a parte deportiva, ao cancelarse ata o próximo 2022 a parte gastronómica que a conserveira Frinsa, pertencente ao Presidente de Honra do Club Náutico e Deportivo de Riveira, Ramiro Carregal Rey, ofrecía en todas as edicións, suspendida tamén en 2020 debido á situación sanitaria mundial provocada pola Covid-19.
Repiten os campións da última edición, como o Bon III, de Víctor Carrión, do Club Náutico Beluso, que levou a Frinsa en 2019 na categoría dos Regata. Tamén o Fixius, de Miguel Pérez-Lafuente, do Club Náutico de Vilagarcía, que venceu nos Cruceiro.
Na ampla listaxe aparecen nomes da talla do Siradella, de César Álvarez e Francisco Gude, do Real Club Náutico Portosín. O enorme Corsario, un First 50, de Javier Durán, do Club de Iates de Vilagarcía.
Os locais de Riveira como o Moucho, de Daniel Ayaso; ou o Arousa VI, de José Luís Torres Colomer.
Mención especial tamén merecen outros favoritos como o Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro, ou o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, ambos os do Ro Yacht Club; o Kanala, de Ignacio Ecenarro, do Real Club Náutico Portosín; o Sampaio Uno, de José Pérez, do Club Náutico de Rianxo; ou o Chispetrén, de Jesús Iglesias, do Club Náutico
Arousa Norte, entre outros.
O Comité da Regata Frinsa, presidido polo Xuíz Miguel Cons, decidirá en última instancia, e a teor da meteoroloxía reinante ás 14.00 horas deste sábado, que percorrido navegarán os veleiros participantes, tomando como referencia ata cinco trazados alternativos cunha distancia media dunhas 10 millas, ou na súa falta, un barlovento- sotavento dunhas 8 millas totais.
A entrega de premios está prevista sobre as 18.30 h. nas propias instalacións do Club Náutico e Deportivo de Riveira.