Un accidente acaba coa vida de Alfonso Paz-Andrade

07 Xuño 2021

O empresario Alfonso Paz-Andrade faleceu este luns tras sufrir un accidente de tráfico ao impactar co seu vehículo contra unha vivenda en Gondomar (Pontevedra).

Os feitos tiveron lugar sobre as 15,20 horas deste luns, cando un particular notificou a saída de vía dun turismo e a súa colisión contra unha vivenda situada no lugar de Area, na parroquia de Peitieiros, ao 112 Galicia.

Pola súa banda, os xestores do centro de atención ás emerxencias pasaron aviso á Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o servizo de mantemento da estrada.

Ademais, solicitaron a intervención do urxencias sanitarias do 061, os bombeiros de Val Miñor e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) ante a sospeita de que o condutor e único ocupante do vehículo puidese atoparse atrapado.

Unha vez no lugar, os profesionais sanitarios confirmaron o falecemento deste home e os efectivos do GES procederon á excarceración do corpo. Alfonso Paz-Andrade vinculado a Pescanova, Caixavigo e a iniciativas galeguistas.

Paz-Andrade, de 80 anos de idade e fillo do empresario e político galeguista Valentín Paz-Andrade, desenvolveu a súa longa traxectoria profesional sempre vinculado ao mundo da pesca e a maquinaria naval. Fundador da empresa Ibercisa, incorporouse a finais dos 70 á dirección de Pescanova. En 2007 abandonou o Consello da pesqueira, aínda que seguiu sendo un dos principais accionistas.

remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...