‘Sempre Güeto’: SOS da familia de Abdelkabir Aniba

18 Xuño 2021

Membros da Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO reuníronse este mediodía en Portosín co patrón maior, Isaac Gaciño, e o co armador Ángel Güeto. Na xuntanza, os representantes sindicais transmitiron as súas condolencias para as familias dos dous tripulantes falecidos, Abdelkabir Aniba e Francisco Betanzos.
Tanto o armador como o patrón maior expresaron as dificultades que está atopando a familia do primeiro, de nacionalidade marroquí, para atopar un lugar en Galicia onde lle poder dar sepultura de maneira acorde ás súas crenzas relixiosas.
O sindicato, o armador e a confraría fan un chamamento público para tentar atopar o antes posible unha solución. O patrón maior, Isaac Gaciño, transmitirá á familia as posibles solucións.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.