Ribeira organiza dous bautismos de mergullo e dous cursos de apnea en xullo e agosto

24 Xuño 2021

A Concellería de Xuventude de Ribeira que dirixe Juana Brión en colaboración co Club Subacuático Sotavento organiza para este verán dúas iniciativas dirixidas a familiarizar á mocidade do municipio coa práctica desta actividade. Por un lado, dous bautismos de mergullo e, por outra, dous cursos de apnea.
No que respecta aos bautismos de mergullo, terán lugar o 13 de xullo e o 10 de agosto en sesión de mañá, habendo un total de 12 prazas en cada un dos días. A inscrición é gratuíta. As sesións constarán dunha charla teórica previa e a saída ao mar. Os mozos e mozas non teñen que traer ningún material xa que está incluído o equipo de mergullo
completo.
En canto aos cursos de apnea, un terá lugar do 8 ao 11 de xullo e o outro do 2 ao 5 de agosto. Comprenderán dúas sesións teóricas por videoconferencia, unha sesión práctica na piscina da Fieiteira e dúas sesións prácticas no mar. Cada curso terán un máximo de 8 prazas e o custe para os participantes será de 50 euros (o Concello
subvenciona o resto). Ao finalizar recibirán un diploma homologado CMAS de Mergullador en Apnea 1. Cada asistente deberá levar o seu propio equipo.6
Inscricións
Ambas iniciativas están dirixidas a persoas de entre 14 e 30 anos e como requisito imprescindible cómpre saber nadar. As inscricións poderán facerse a través do formulario que mañá venres se publicará na páxina web www.ribeira.gal (o documento pódese presentar ben fisicamente na Oficina de Atención Cidadá ou telematicamente no portelo dixital do Concello).
Terán preferencia as persoas empadroadas en Ribeira e tamén rexerá a orde de inscrición. No caso dos dous cursos de apnea, as persoas maiores de 30 anos tamén poden anotarse por se quedasen prazas vacantes, habida conta de que é un curso moi demandado que non está pensado só para o lecer, habendo xente do mar que o podería precisar, segundo explicou a edil Juana Brión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.