Ribeira, entre os municipios galegos que recibirán máis banda larga de Telefónica

24 Xuño 2021

O Consistorio de Ribeira acolleu este 24 de xuño unha xuntanza de traballo entre o equipo de Goberno e a compañía Telefónica, unha sesión que respondeu ao interese do Concello por coñecer os plans de despregue de banda larga que ten programada a operadora no termo municipal. Segundo lle comunicou a compañía aos representantes do Goberno local, Ribeira figura entre os municipios galegos que maior infraestrutura de fibra de última xeración (tecnoloxía FTTH) recibirá en 2021 por parte da empresa. Na reunión participaron o alcalde Manuel Ruiz e a concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, mentres que por parte da citada firma de telecomunicacións acudiu o seu xefe de ventas para o territorio norte, Luis Ángel López Carro, a coordinadora de despregue FTTH Galicia e Asturias, Patricia Rodiño.

Telefónica concretou que “como moi tarde a finais de setembro” está previsto que dispoñan do dito servizo de Internet de alta velocidade as contornas de múltiples centros educativos do termo municipal, como o Heroínas de Sálvora en Aguiño, o colexio de Artes, A Capela e Pé do Corniño en Carreira, Palmeira, O Grupo, Coroso, O Caramecheiro, Frións, Olveira ou Leliadoura, ao igual que outros puntos como o entorno da aula CeMIT, a sede da Policía Local, os Xulgados, as confrarías de Aguiño e Palmeira, a Casa Consistorial, o Centro de Día de Alzhéimer, a Escola Náutico-Pesqueira, a illa de Sálvora, o CIELGA do parque natural ou os portos de Ribeira, Aguiño e Corrubedo.

Estas actuacións abranguen tamén outras áreas históricas da cidade, como Fondevila e Romero Ortiz e as súas inmediacións.

Trátase dunha implantación que Telefónica pretende acometer a través dos fondos que o Estado destina para tal fin.

Pola súa parte, o Concello solicitou que “se estenda tamén a banda Larga á zona onde estará localizada a nova Comisaría e o futuro Punto de Encontro Familiar”, ambas infraestruturas enclavadas en Fontán, preto do paseo do Touro.

Medidas complementarias

A Concellería de Innovación Tecnolóxica do Concello está a emprender outras iniciativas encamiñadas á achegar o servizo de Internet á veciñanza, tales como a próxima implantación de doce puntos Wi-Fi gratuítos no casco urbano ou a presentación ao Goberno do Estado de máis de 340 alegacións sobre puntos do municipio con carencias en canto a cobertura para que as teña en conta nos seus próximos plans.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.