Ribeira dará saída a 4 ofertas de rutas en catamán ás illas de Sálvora e Ons

Da man das navieras Cruceros do Ulla e Bahía Sub o porto de Ribeira vai dar saída a partir deste sábado e ao longo dos meses de verán a catro modalidades de ruta en catamarán con destino ao Parque Nacional Marítimo Terrestre
das Illas Atlánticas de Galicia e á Ruta do Mexillón.
A iniciativa foi presentada hoxe no salón de plenos nun acto que contou coa participación do alcalde Manuel Ruiz, do concelleiro de Turismo Ramón Doval, da xerente da mancomunidade Barbanza Arousa Fátima Cachafeiro, e de Ana Pérez e Santiago Domínguez en representación das citadas empresas náuticas Cruceros do Ulla e Bahía Sub.
As saídas terán lugar dende un pantalán posto a disposición por Portos de Galicia na zona de antiga lonxa e as visitas aos distintos destinos (illa de Sálvora, illa de Ons e a ruta do Mexillón) contarán coa asistencia de guías titulados.
O alcalde Manuel Ruiz afirmou durante a súa intervención que o verán ten que ser a “porta para abrir a Ribeira de todo o ano: desestacionalizar o noso turismo”. Por iso, agradeceu ás axencias e outros profesionais que se dedican a este sector polo esforzo de traer xente ao municipio: “a xente ten que confiar en Barbanza e Ribeira como potenciadores do turismo e se sabemos dar a coñecer o que temos dificilmente se van poder atopar destinos coma estes”.

OFERTA:
RIBEIRA – ILLA DE SÁLVORA
NAVIERA:CRUCEROS DO ULLA
RESERVA E BILLETES: https://www.crucerosdoulla.com/es/activities/visita-isla-de-salvora/
CALENDARIO:
Xuño: sábados (inicio o 5 de xuño)
Xullo: mércores e sábados
Agosto: mércores e sábados

Setembro:sábado 7 e sábado 14
PORTO DE EMBARQUE: Ribeira, antiga lonxa. Pantalán de embarcacións de pasaxe
HORARIO: saída ás 10.00h e volta ás 14.30 h
PREZO:persoa adulta 20 €; crianzas de 3 a 12 anos 10 €; crianzas de 0 a 2 anos gratis
INFORMACIÓN CANCELACIÓNS:www.crucerosdoulla.com
Para máis información e reservas: presencial na caseta de información ao lado do pantalán deembarque, no 623 482 754 ou en info@xestiondeocio.com RIBEIRA – ILLA DE ONS NAVIERA: CRUCEROS DO ULLA RESERVAS E BILLETES:www.crucerosdoulla.com CALENDARIO: Xuño: Domingos 20 e 27 Xullo: Domingos Agosto: Domingos PORTO DE EMBARQUE:Ribeira, antiga lonxa. Pantalán de embarcacións de pasaxe HORARIO: saída ás 10.15h e volta ás 19.00 h PREZO: persoa adulta 25 €; crianzas de 3 a 12 anos 10 €; crianzas de 0 a 2 anos gratis. INFORMACIÓN CANCELACIÓNS:www.crucerosdoulla.com   Para máis información e reservas: presencial na caseta de información ao lado do pantalán deembarque, no 623 482
754 ou en info@xestiondeocio.com
RIBEIRA – ILLA DE ONS
NAVIERA: BAHÍASUB
RESERVAS E BILLETES:www.bahiasub.com
CALENDARIO:
Xullo:Sábados
Agosto: Sábados
Setembro:sábado 7 e sábado 14
PORTO DE EMBARQUE: Ribeira, antiga lonxa. Pantalan de embarcacións de pasaxe
HORARIO: saída ás 10.00 h e volta ás 18.00h
PREZO: persoa adulta 25 €; crianzas de 4 a 11 anos12,50 €; crianzas de 0 a 3 anos gratis*Inclúe
degustación a bordode mexillóns ou empanadacon bebida
INFORMACIÓN CANCELACIÓNS:www.bahiasub.com

RIBEIRA, RUTA DO MEXILLÓN (con degustación a
bordo)
NAVIERA: CRUCEROS DO ULLA
RESERVAS E BILLETES:www.crucerosdoulla.com
CALENDARIO:
Xuño: sábados
Xullo:mércores e sábados
Agosto:mércores e sábados
Setembro: sábado 7 e sábado 14
PORTO DE EMBARQUE: Ribeira, antiga lonxa. Pantalán de embarcacións de pasaxe.
HORARIO: saída ás 17.30 h e volta ás 18.45 h
PREZO: persoa adulta 15 €; crianzas de de 3 a 12 anos 7€ ; crianzas de 0 a 2 anos gratis
INFORMACIÓN CANCELACIÓNS:www.crucerosdoulla.com

*Para máis información e reservas: presencial na caseta de información ao lado do pantalán deembarque, no 623 482
754 ou en info@xestiondeocio.com