O municipio de Rianxo acollerá unha nova edición do seminario da Universidade de Santiago Camiños de coñecemento e experiencia, unha actividade promovida pola USC co fin de por en valor e democratizar o coñecemento a través das persoas maiores a través dos estudos regrados universitarios de cuarto ciclo.

As xornadas, nas que colabora o Concello, están destinadas a persoas maiores de 50 anos e pretenden un chamamento á formación continua tamén fóra das cidades universitarias.
As actividades desenvolveranse entre o día 22 e 29 de xuño en horario de tarde, de 16:30 a 18:00 horas, no Auditorio de Rianxo. Nesta edición a formación presencial completarase cunha saída á área recreativa as Miráns.
Todas as persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición a través do formulario na web do Concello ou no teléfono 981 100 688. As prazas son limitades e a inscrición é de balde. A reserva será efectiva cando se confirme desde o Auditorio.
Programación
–Martes 22 de xuño – 16:30-18:00h – Auditorio de Rianxo (salón actos – 1º andar)
Seminario: Escribir a nosa historia. Obxectos, soportes e instrumentos de escritura.
Anxo Rodríguez Investigador da Facultade de Xeografía e Historia e Prof. do Programa Universitario de Maiores da USC.
-Mércores 23 de xuño – 16:30-18:00h – Auditorio de Rianxo (salón actos – 1º andar)
Aula interactiva de análise de materiais arqueolóxicos e documentais sometidos por parte do alumnado.
Anxo Rodríguez Investigador da Facultade de Xeografía e Historia e Prof. do Programa Universitario de Maiores da USC.
-Xoves 24 de xuño – 16:30-18:00h – Auditorio de Rianxo (salón actos – 1º andar)
Seminario: Marcial del Adalid y Gurrea (1826-1881). Un capítulo único da nosa Historia de Galicia e da nosa Historia da Música Clásica Galega.
Laura Touriñán Morandeira, Prof. do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC e investigadora da USC.
-Venres 25 de xuño – 16:30-18:00h – Auditorio de Rianxo (salón actos – 1º andar)
Seminario práctico: Marcial del Adalid y Gurrea (1826-1881). Un capítulo único da nosa Historia de Galicia e da nosa Historia da Música Clásica Galega.
Laura Touriñán Morandeira, Prof. do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC e investigadora da USC.
-Luns 28 de xuño – 16:30-18:00h – Auditorio de Rianxo (salón actos – 1º andar)
Seminario: Vermes da terra: bioloxía e ecoloxía.
Javier Iglesias piñeiro. Profesor da Facultade de Bioloxía da USC, e Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela.
-Martes 29 de xuño – 16:30-18:00h – Saída á área recreativa as Miráns.
Javier Iglesias piñeiro. Profesor da Facultade de Bioloxía da USC, e Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela.





