Os socialistas de Ribeira reclaman máis limpeza nas praias e un mellor mantemento de duchas e papeleiras

03 Xuño 2021

O PSdG-PSOE de Ribeira vén de solicitar ao Concello que incremente o labor de limpeza nas praias e o mantemento dos seus equipamentos, poñendo o foco en elementos como as duchas ou as papeleiras.

O grupo tamén reclamou a instalación de máis barreiras flotantes, para evitar que as motoras e motos de auga se acheguen a zona dos bañistas e os poñan en perigo, algo que os socialistas denuncian que aconteceu, sen ir máis lonxe, este pasado domingo.

dav

Amais, solicitan “a debida sinalización de espazos familiares con cordas nos areais” e “a planificación de zonas de salvamento naquelas praias onde sexan axeitados e preceptivos os socorristas”.

No rogo presentado ao pleno da Corporación, o PSOE de Ribeira lembra que “no mes de xuño comeza ou debera comezar a tempada de baño nas distintas praias do municipio de Ribeira, cousa que debera vir acompañada de labores de limpeza e adecuación de areais e da dotación dos elementos accesorios para un bo uso e desfrute”. Entre estes elementos os socialistas inclúen as duchas e as papeleiras, que non se atopan en moitos areais, sinalan, no mellor estado posíbel, tal e como se reflicte na fotografía.

Por todo o devandito, o grupo pide que “por parte de quen corresponda, delegación de medio ambiente, ou alcaldía, se proceda a avaliar a instalación de papeleiras nas praias do concello, e a realizar os labores de limpeza e desinfección nas duchas públicas establecidas no noso litoral”

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.