Os socialistas de Ribeira piden que non se siga aprazando a homenaxe aos membros da primeira Corporación democrática

18 Xuño 2021

O grupo socialista de Ribeira, a través do seu concelleiro-portavoz José Manuel Vilas, presentou ao pleno local unha cuestión relacionada coa primeira Corporación municipal do Concello (a do ano 1979), que por acordo dos grupos estaba previsto homenaxear cunha entrega de medallas aos seus integrantes polo seu impulso á democracia tras catro décadas de ditadura. Esta homenaxe foi determinada en acordo plenario da actual Corporación municipal.

“Porén”, sinalan os socialistas, “por diversos motivos alleos tal evento a día de hoxe está sen realizar, e o tempo pasa impasible, sen demora polas nosas vidas, e tamén pola dos exemplares concelleiros daquela etapa da nosa historia recente”. Para José Vilas, o merecido tributo “debera facerse coa urxencia que o acontecemento require dada a idade dos significados edís”.

Por todos estes motivos, os socialistas lanza ao equipo de Goberno do Concello a seguinte pregunta: “Para cando está pensado realizar o dito acto de homenaxe aos dignos representantes da Corporación municipal de Ribeira do período democrático (1979), e así dar execución ao acordo plenario?”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...