Os noieses Pepe Barrio e Pilar Sarmiento trunfan na cuarta proba do Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica

07 Xuño 2021

A localidade de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño, acolleu esta fin de semana a cuarta proba do Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica, unha cita co deporte do motor nas augas do Miño, na que tiveron unha actuación moi destacada (primeira praza) os noieses Pepe Barrio e Pilar Sarmiento, membros do equipo ADECO-DEA (Agrupación Deportiva Costa Oeste / Deporte Adaptado).

Barrio e Sarmiento, de feito, tiveron unha extraordinaria actuación en todas as probas de destreza, onde o tempo medio establecido polos xuíces da competición foi a clave do seu triunfo, tanto no slálom, como no fondeo, no rescate e no amarre.

Asemade, volveron ao podio os vigueses José Luís Álvarez e Oswaldo Davila, que se afianzaron na segunda praza, sendo o posto bronce para os tamén noieses Joaquín Barrio Guldrís e Joaquín Barrio Bouzas.

A proba estivo organizada pola Real Federación Galega de Motonáutica, grazas á colaboración do Concello de Tomiño e a Secretaría Xeral para o Deporte, co patrocinio de Fibralar. En menos de 15 días será a quenda á localidade de Boiro, tendo por porto base o de Cabo de Cruz, o sábado 19 de xuño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

Una mente ignara, retrograda y obsoleta podría decir, eres un año más viejo. Pues no, soy muchos años más joven. He tenido que recuperar cuentos de la infancia, he tenido que volver practicar la pintura, que bien manejaba en mi juventud, he tenido que recuperar juegos...