Os Concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira comezan os traballos para a adaptación das ordenanzas municipais

07 Xuño 2021

Os concellos da Mancomunidade Barbanza Arousa comezan os traballos de redacción das ordenanzas de Espectáculos Públicos para a súa adaptación ao “Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia”.

Os concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira; na súa estratexia de dinamización turística de Barbanza Arousa, ademais das accións Mancomunadas, levan tamén a cabo unha coordinación das políticas públicas municipais co obxectivo da potenciación de destino. Así mesmo, a lexislación de Espectáculos Públicos afecta directamente
as empresas turísticas do territorio e, por tanto, á planificación turística do destino. É por iso que, no seu afán de cohesión territorial, os catro concellos están xa traballando nas súas Ordenanzas nesta materia de maneira conxunta.

O día 8 de xuño é a primeira reunión, seguida dun conxunto de fases nas que se estudarán as necesidades conxuntas e individuais de cada concello, redacción dos documentos e posterior exposición pública comunicándoo a todo o sector por diferentes medios para a súa participación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.