Os alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego ForestAmes-Brión realizaron unha saída formativa a Porto do Son como complemento á formación que están a recibir sobre Repoboacións Forestais e tratamentos silvícolas.

Desta forma, os 18 alumnos achegáronse a Porto do Son para coñecer os traballos da Comunidade de Montes de Baroña, percorrendo así as repoboacións forestais realizadas e os traballos silvícolas e de defensa contra incendios realizados nos montes da parroquia. Dunha banda, visitaron a explotación silvopastoral e gandeira da comunidade, mentres que, doutra, coñeceron de primeira man o labor de aproveitamento de resina que están a realizar os comuneiros.
Os alumnos do Obradoiro ForestAmes-Brión xa realizaran outra saída formativa desta índole con anterioridade.