Oitava xornada da folga da CNT en defensa dos postos de traballo do persoal do Consorcio de Igualdade e Benestar

07 Xuño 2021

Este martes día 8 de xuño está convocada por CNT a oitava xornada de folga no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para buscar unha solución a todas as traballadoras temporais en fraude de lei e abuso de temporalidade, con independencia da forma de acceso ao seu posto (oposición, listas, subrogación,…). No caso do Barbanza, a mobilización centralizarase en Boiro, ás 19.30 horas na praza de Galicia, diante do Consistorio.

Con estas protestas trátase de estender e achegar a protesta a todo o persoal das escolas infantís da Galiña Azul, centros de día, fogares residenciais e de todos os centros de traballo da rede do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, “especialmente ás traballadoras que se ven privadas do dereito á folga debido aos servizos mínimos abusivos decretados”, explican dende a CNT, engadindo que un dos obxectivos “é procurar a compañía nas mobilizacións das familias usuarias dos servizos do consorcio que sofren a ineptitude da Xunta para solucionar esta situación de conflito”.

Engaden que “se precisa tamén da solidariedade de todo o persoal público temporal de todas as administracións en situación de fraude e abuso de temporalidade que, ao igual que as traballadoras do Consorcio IeB, sendo vítimas da mala xestión das administracións ven agora perigar o seu posto de traballo que levan anos ocupando debido a inxustos procesos de regularización da temporalidade”.

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.