O Son organiza cursos de natación intensivos para este verán

O Concello de Porto do Son organiza cursos de natación intensivos para este verán. As actividades levaranse a cabo na Piscina Municipal da localidade.

En xeral, haberá diversos cursos. O primeiro será para adultos, de 10:00 a 10:45 horas, que seguirá con aquagym ata as 11:30 horas. Ademais, os nenos de 6 a 9 anos, poderán realizar cursos de natación de nivel medio de 11:30 a 12:15 horas e os adolescentes de 10 a 13, terán cursos de perfeccionamento ás 13:00 horas. Tamén os máis pequenos poderán aprender a nadar, grazas ós cursos de iniciación que se levarán a cabo ás 13:00 horas.

Todas estas actividades poderán facerse de luns a venres, como mínimo 3 días á semana. Para máis información, os interesados deberán consultar a páxina web do Concello ou chamar ao teléfono 604051189.