O “Sempre Güeto” permanece no porto exterior de Ferrol tras un operativo de remolque desde Punta Candieira

20 Xuño 2021


O buque cerqueiro con base en Portosín “Sempre Güeto”, que como informamos en O Barbanza sufriu un incidente o pasado xoves nas proximidades da Punta Candieria, en Cedeira que se que se saldou con dous falecidos, permanece na zona do espigón de abrigo do porto exterior de Ferrol, na zona de Caneliñas.

O operativo de remolque, dirixido e executado por persoal de Salvamento Marítimo, prolongouse ata a pasada noite do sábado, cando chegou ao porto ferrolán. Onde permanece o ‘ Sempre Güeto’ é a de máis calado da rada e tamén a que conta cun maior abrigo, xa que o buque pesqueiro está coa quilla ao sol e con varios flotadores para evitar que se poida afundir.

A última hora do sábado o remolcador ‘SAR Gavia’, de Salvamento Marítimo, entraba na boca da ría de Ferrol, acompañado por outras dúas lachas de leste mesmo organismo, a ‘ C. Pardo Bazán’ e ‘Salvamar Betelgeuse’, unido co buque cerqueiro mediante un cabo. Nos próximos días está previsto iniciar os traballos para reflotar este buque cerqueiro que conta con 22 metros de eslora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.