Dous mortos e oito rescatados do pesqueiro”Sempre Güeto” con base en Portosín, afundido en Cedeira

17 Xuño 2021

O ‘ Sempre Güeto’, con base en Portosín, regresaba da campaña do bocarte. Afundiu en Punta Candieira, en Cedeira. A bordo navegaban 10 tripulantes: 8 foron rescatados por outro pesqueiro, o noveno recollido por un segundo pesqueiro e evacuado por Helimer 402 a A Coruña faleceu posteriormente. O corpo doutro mariñeiro foi recuperado por un pesqueiro que o trasladou a Cedeira.

Salvamento marítimo

Dous mariñeiros perderon a vida esta tarde logo dun naufraxio no que foron rescatadas outras oito persoas en Punta Candieira, a unha milla da costa, en Cedeira.

Pouco antes das dúas e media desta tarde, Salvamento Marítimo informou ao 112 Galicia do naufraxio dun barco no que ían dez tripulantes, na costa desta localidade coruñesa.

Con estes datos, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias deuse aviso, de xeito inmediato, ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Igualmente, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración neste operativo da Policía Local de Cedeira e da Garda Civil e tamén puxeron os feitos en coñecemento de Protección Civil do municipio.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, dúas embarcacións que traballaban na mesma zona conseguiron rescatar a nove dos tripulantes. Debido á gravidade do estado que presentaba un deles, un helicóptero de Salvamento, o Helimer, desprazaouse ata o punto para trasladar ao mariñeiro. Con todo,  malia os esforzos da propia tripulación da aeronave, nada puideron facer por salvarlle a vida. Outro dos tripulantes estivo desaparecido algo máis de dúas horas ata que, outra embarcación que pescaba na zona, atopou o corpo sen vida.

Os demais mariñeiros foron trasladados polo barco que os rescatara en primeira instancia ata o porto de Cedeira, onde recibiron asistencia médica.

Os outros tripulantes foron rescatados, un deles ferido de gravidade que falecería posteriormente, por outro buque cerqueiro que se atopaba na zona, o ‘ Argote 2’, tamén con base no mesmo porto de Portosín. Os náufragos foron trasladádevos de inmediato a Cedeira.

Á zona acudiron o helicóptero ‘ Helimer 401’, a lancha ‘Salvamar Betelgeuse’, ambos de Salvamento Marítimo, ademais da lancha ‘ LS Langosteira’, da Cruz Vermella. Tamén colaboraron nas tarefas de procura do tripulante desaparecido os pesqueiros ‘Pasa Aquí’, ‘ Maruxia Segundo’, ‘Sempre Urbegi’ e ‘ Riobao Un’.

Polo momento non se sabe o motivo que levou a esta embarcación para irse a pique, pero barállase un incendio ou un afundimento pola zona de popa debido ao mal tempo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.