O Portal da Lingua publica a resolución das axudas para o fomento do galego nos centros de ensino públicos

03 Xuño 2021

O Diario Oficial de Galicia (DOG) e o Portal da Lingua Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística) veñen de publicar a resolución de axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21. Estas axudas foron convocadas o pasado mes de decembro e delas foron beneficiarios máis de 800 centros.

En total, a Consellería de Cultura e Educación destina 350.000 euros a favorecer e contribuír ao financiamento das actividades que realizan os equipos de dinamización da lingua galega e o profesorado responsable de cada proxecto de fomento do galego durante este curso académico. Beneficiáronse 815 centros educativos que contan con menos de seis unidades nas provincias da Coruña (328 centros), Lugo (103 centros), Ourense (73 centros) e Pontevedra (311 centros).

Pola nosa comarca, están incluídos centros docentes de todos os nosos concellos, tal e como se pode consultar na resolución.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.