O persoal da planta de residuos de Lousame concentrouse no Son para pedir o mantemento dos seus postos de traballo

16 Xuño 2021

O comité de FCC, empresa concesionaria da planta de residuos de Lousame, concentrouse o martes en Porto do Son con motivo da xunta extraordinaria da Mancomunidade da Serra do Barbanza. Coa protesta, as traballadoras e traballadores amosaron a súa preocupación ante diversas filtracións que apuntaban a un posíbel cambio no modelo de xestión e o seu impacto no emprego. O comité pediu unha xuntanza nos vindeiros quince días co novo presidente da Mancomunidade da Serra (logo de que rematase o mandato de Luis Oujo, alcalde de Porto do Son, e a entrada do novo responsábel da entidade, Juan Manuel Saborido, alcalde de Carnota).

A Mancomunidade aceptou recibir a representación legal dos traballadores e das traballadoras, tanto antes da celebración da xunta extraordinaria na que se elixiu novo presidente, como ao remate.

Segundo CCOO, que apoia e colabora nas reivindicacións, a Mancomunidade manifestou que “polo momento non pediu estudo ningún para cambiar o modelo de xestión”. Porén, Comisións Obreiras informa que o novo presidente “si confirmou que, rematando a concesión de FSCC en 2023, cabería a posibilidade de prorrogar a concesión ata cinco anos, o máximo permitido pola lei, período no que si se poderían estudar outros modelos que fagan viábel a planta e garantan os postos de traballo”.

Como dixemos, desde o comité de empresa pediron unha xuntanza formal co novo presidente da Mancomunidade nos próximos 15 días para poder dar certezas sobre unha planta que dá traballo a case 140 persoas.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.