O patrón do Punta Candieira apresado en Irlanda enfróntase este martes a unha vista acusado de tres delitos

07 Xuño 2021

O patrón do ‘Punta Candieira’, buque galego apresado en Irlanda, enfróntase este martes, 8 de xuño, a unha vista acusado de tres delitos relacionados con “infraccións” das normas pesqueira por supostamente faenar en zona prohibida, nas 12 millas de xurisdición territorial.
A pasada semana, a armadora abonou fianza de 170.000 euros imposta polo xulgado de Middleton, do condado de Cork, para liberar ao pesqueiro con porto basee en Celeiro, no municipio de Viveiro.

O palangreiro permanece no porto irlandés de Cobh, onde a quincena de membros que compoñen a tripulación –oito son de nacionalidade española, procedentes de lugares como Cedeira e Celeiro– ten liberdade de movementos. O palangreiro foi apresado o 1 de xuño polo Servizo Naval de Irlanda por supostas “infraccións” das normas de pesca.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.