O obradoiro O Pote II de Ribeira estrea horto urbano na Escola Municipal de Hostalería

17 Xuño 2021

O alumnado do obradoiro de emprego O Pote II, impulsado polo Concello de Ribeira para impulsar a empregabilidade da xuventude local no sector hostaleiro, turístico e gastronómico, dispón dende esta semana dun pequeno horto urbano na Escola Municipal de Hostalería, sita no segundo andar do edificio do Mercado Municipal, grazas á colaboración transversal de dous departamentos do Concello como son a Unidade de Atención á Drogodependencias (UAD) e a Brigada de Xardinería.

A apertura deste horto urbano, situado baixo a xanela corrida da fachada principal, formalizouse este mércores 16 de xuño nun acto que contou coa participación de usuarios e traballadores da UAD, membros da devandita brigada, alumnos e persoal docente do obradoiro de cociña e diversos representantes do Concello, entre os cales estaba o alcalde Manuel Ruiz.

Os usuarios de carpintería da UAD foron os encargados da elaboración dos recipientes de madeira onde se plantaron diversas especies subministradas pola Brigada de Xardinería (como menta ou ourego) que serán empregadas como ingredientes polo alumnado de O Pote II para as súas receitas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.